28
Feb

Unidades Mixtas de Investigación: balance do programa e novidades da próxima convocatoria

Presencial e online

Engadir ao calendario

Título: Unidades Mixtas de Investigación: balance do programa e novidades da próxima convocatoria
Data: 28 de febreiro de 2022 de 12:30h a 14h
Modalidade: Presencial e online.
Lugar: Salón de convencións do edificio CINC. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela

No ano 2014 a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, puxo en marcha o programa de Unidades Mixtas de Investigación, un novo instrumento que tiña como propósito desenvolver a I+D colaborativa en áreas estratéxicas da economía galega, orientado a desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento entre unha empresa e un centro de coñecemento.

Dende entón, tense apoiado a posta en marcha e consolidación de 46 unidades mixtas de investigación, cunha mobilización de investimento público-privado de 130 millóns de euros. Ademais, este instrumento ten contribuído á creación de emprego cualificado, a impulsar a transferencia dos resultados da I+D ao tecido empresarial, atraer empresas foráneas líderes nos seus respectivos sectores, así como a desenvolver as capacidades dos organismos de investigación galegos en sectores punteiros.

Estamos a piques de publicar unha nova convocatoria deste programa que incluirá, como novidade, unha nova liña de apoio, que se sumará á de creación e consolidación, destinada ao establecemento de Centros Mixtos de Investigación que permitan evolucionar as unidades de investigación consolidadas.

Para informar desta convocatoria, así como facer balance das Unidades Mixtas de Investigación postas en marcha ata o momento, celebraremos un encontro o vindeiro 28 de febreiro de 12,30 a 14 horas na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Inscrición asistencia presencial: http://xornadas.galiciainnovacion.es/UMI-Balance+Novidades/
Inscrición online: https://us02web.zoom.us/webinar/register/WN_JmP8zYKWSTiOUpwtvKCbYg
Programa do evento (pdf)
Presentación empregada no evento
Video do evento
Video Unidades Mixtas