1
Feb

Foro Next Generation EU: PERTE para a saúde de vangarda

Engadir ao calendario

Título: Foro Next Generation EU: PERTE para a saúde de vangarda
Día: 1 de febreiro de 2022
Hora: 11:30 h
Lugar: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
PREVIA INVITACIÓN

Descrición
O Presidente da Xunta, e o Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e o Conselleiro de Sanidade asistirán a este encontro de traballo sobre o PERTE para a Saúde de Vangarda que se celebrará o próximo 1 febreiro de 2022, ás 11:30h.

A este evento soamente é posible asistir previa invitación.

Obxectivo
O obxectivo deste encontro é iniciar os traballos para deseñar un proxecto de país que aglutine todas as capacidades de Galicia no ámbito da saúde e da biotecnoloxía que se poda presentar no marco do PERTE para a Saúde de Vangarda, aprobado o pasado mes de novembro polo Goberno de España.