RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Título: II Foro RIS3
Formato: presencial e online
Data: 14 de xaneiro de 2022
Hora: 11h a 13:30h
Lugar: Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
O 14 de xaneiro de 2022 celebrarase o II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027, un evento aberto a todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i no que compartiremos os resultados e conclusións da RIS3 Galicia.
No encontro presentaremos a misión e a visión da RIS3 Galicia 2021-2027 e daremos a coñecer as prioridades de especialización, os obxectivos estratéxicos da política de investigación e innovación e os programas que se teñen consensuado para impulsar o desenvolvemento das cadeas de valor estratéxicas para Galicia, co fin de converter a rexión nun entorno atractivo para a atracción e retención do talento e acadar unha Galicia sustentable e dixital.