24
Xan

Entrega dos II Premios Galicia de Innovación e Deseño

On line

Engadir ao calendario

Título: Entrega dos II Premios Galicia de Innovación e Deseño
Data: 24/01/2022
Hora: 12.30 h.

A Axencia Galega de Innovación celebra o luns 24 de xaneiro o acto de entrega da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.

Durante a cerimonia, que poderá seguirse en streaming, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras destes galardóns, cos que se recoñece a labor das persoas e empresas referentes do desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

Profesionais de recoñecido prestixio integraron o xurado que seleccionou os/as finalistas para as categorías das que consta o certame:

Innovación:

  • Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos: GalChimia, Gairesa e Ecoplas Barbanza.
  • Grande empresa: grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década: Zendal e Congalsa.
  • Traxectoria innovadora: empresarios/as e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.

Deseño:

  • Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector: equipos creativos dos estudios Costa Comunicación Visual, FrutoDS e Desescribir.
  • Deseñadores/as mozos/as: creadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos: Damián Calvo, Borja Regueiro e Junior Alén.
  • Empresas: empresas consolidadas que incorporaron o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década: Grupo Castrosua e TMC Cancela.

Descubre aos gañadores/as en cada categoría asistindo á cerimonia de entrega en streaming (ligazón dispoñible en breve).