29
Nov

II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T)

Engadir ao calendario

Título: II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T)
Data: 29 de novembro de 2021
Hora: de 16:30 a 19:30 h.
Modalidade: presencial
Lugar: Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

A Axencia Galega de Innovación organiza o II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) co obxectivo de abordar os novos retos aos que se enfronta a innovación na Eurorrexión e analizar as posibilidades da cooperación no próximo período.

Está dirixido a todos/as os/as axentes do ecosistema de innovación da Eurorrexión.

Programa provisional do evento dispoñible nesta ligazón (pdf).
Formulario de inscrición (pdf).