Novas convocatorias CL3 Seguridade Civil para a sociedade
16 de Abril
Título: Encontro Camiño da Innovación
Data: 17/11/2021
Lugar: A Estrada (Sala no Concello)
Hora: 10:30-12:00
“Camiño da Innovación” é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.
O obxectivo deste encontro é coñecer casos de éxito próximos de pemes innovadoras da comarca e que son exemplos de como poñer en marcha a innovación en micropemes, pequenas e medianas empresas de calquera sector.