Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade
28 de Xullo
Título: Xornada sobre o instrumento Invest EU
Data: 4 de novembro
Formato: presencial e online
Hora: 11:30 a 13:30
Lugar: sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)
Idioma: inglés e castelán
A sede da Axencia Galega de Innovación acolle, o vindeiro 4 de novembro, unha xornada sobre o instrumento Invest EU na que se explicará en que consiste este novo instrumento lanzado pola Comisión Europea para mobilizar inversións públicas e privadas.
Nesta xornada contaremos coa presencia de Florián Pariente, Loan Officer do Banco Europeo de Inversións (BEI), Michael Feith, Policy Officer da Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financieros da Comisión Europea e Martín Larroque, do Departamento de Financiación Internacional e Asuntos da Unión Europea do ICO.
Para os asistentes que acudan de xeito presencial a esta xornada, ofrécese a posibilidade de manter unha reunión cos ponentes. Se desexa manter esta xuntanza, ten que indicalo no formulario de inscrición.
