28
Set

Galicia Bio Event

On line

Engadir ao calendario

Título: Galicia Bio Event
Data: 28 de setembro de 2021
Lugar: Retransmisión online
Hora: 17:30h

No marco da feira Biospain 2021, terá lugar o Galicia Bio Event, un encontro que ten como obxectivo promover a colaboración empresarial, visibilizar o ecosistema de innovación biotech galego e presentar un caso de éxito entre Navarra e Galicia.

O evento retransmitirase de maneira en liña para facilitar a interacción co maior número de entidades.

Durante a xornada terás a oportunidade de coñecer á delegación Galicia Bio “The best way in Biotechnology” constituída pola Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), BIOGA, CSG e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo; así como empresas galegas punteiras en innovación biotecnolóxica. 

Programa: 17:30 -18:30

  • Presentación de oportunidades do ecosistema biotech de Galicia
  • Caso de éxito Navarra-Galicia

Ligazón de inscrición: https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZcrdu-prTkiGt2gtrU2BosJWAG5oo7nFmVH