30
Set

Implicacións éticas e sociais da innovación en tecnoloxías emerxentes

On line

Engadir ao calendario

Título: Implicacións éticas e sociais da innovación en tecnoloxías emerxentes
Data: 30 de setembro de 2021
Lugar: On line
Idioma: Inglés

A investigación sobre tecnoloxías futuras e emerxentes (FET) no contexto da UE ten como obxectivo crear ideas e tecnoloxías radicalmente novidosas que poidan alterar e transformar as vidas das persoas, as empresas e a sociedade no seu conxunto. Esta transformación pode ser moi beneficiosa, pero, ao mesmo tempo, o traballo en FET pode plantexar problemas sociais e éticos, relacionados cos procesos de investigación e innovación, así como coa súa finalidade, resultados e impactos. A xornada proponse tratar estas cuestións relacionadas coa I+D+i en tecnoloxías emerxentes e as súas implicacións desde a perspectiva da innovación responsable.