23
Set

Evento on-line “O apoio ao deseño desde entidades públicas”

On line

Engadir ao calendario

Título: Evento on-line “O apoio ao deseño desde entidades públicas”.
Data: 23 de setembro de 2021.
Horario: 10:30 -12:10h.
Modalidade: En liña.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, organiza o evento on-line “O apoio ao deseño desde entidades públicas” no marco do proxecto europeo User-Factor.

Esta xornada, dirixida a deseñadores/as e empresas, está orientada á reflexión sobre a mellora da eficacia das accións destinadas a potenciar o deseño nas pemes tanto mediante accións de apoio financeiro como en accións de titoría ou asesoramento en deseño.

A maior efectividade destas accións de apoio ao deseño, require o coñecemento previo das necesidades das pemes en función dos sectores nas que estas se encadran. Neste sentido é preciso contar coa colaboración de entidades e asociacións cuxa proximidade e vinculación coas empresas facilite o diagnóstico máis preciso.

Durante a sesión presentaranse conclusións sobre as experiencias de apoio ao deseño, como foi a liña de axudas ao deseño promovida polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) no período 2007-2013, ata as accións baseadas no asesoramento como o caso actual do servizo Re-acciona Innovación ou o piloto de Deseño do proxecto europeo User-Factor (Interrreg Atlantic Area) presentado pola Axencia Galega de Innoación (GAIN) a través do CIS Tecnoloxía e Deseño.

A nivel sectorial contarase coa participación de dous sectores: artesanía e madeira. A Fundación Pública Artesanía de Galicia e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia propoñerán orientacións e reflexións sobre as que encaixar futuras accións de impulso ao deseño nas pemes.