28
Set

II Encontro en liña Universidade-Empresa de Sherpa do Mar

On line

Engadir ao calendario

Título: II Encontro en liña Universidade-Empresa de Sherpa do Mar
Data: 28 ao 30 de setembro 2021
Modalidade: en liña

GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio SHERPA DO MAR organiza un ciclo de encontros Universidade-Empresa para promover a transferencia de coñecemento e o traballo en rede entre a comunidade científica e o mundo empresarial no campo mariño-marítimo.

O segundo evento terá lugar os días 28, 29 e 30 de setembro de 2021. Incluirá reunións B2B (reunións de 20 minutos) os días 28, 29 e 30 de setembro e unha xornada informativa o 29 de setembro con relatores de primeiro nivel.

O tema da conferencia divulgativa é a innovación e o emprendemento no campo da pesca, a acuicultura e o cambio climático.

Principais temas tratados

  • Innovación e emprendemento no medio mariño e acuático
  • Pesca, acuicultura e transformación
  • Cambio climático e biodiversidade mariña
  • Impacto ambiental da actividade humana
  • Sostibilidade ambiental, enerxética e produtiva

Máis información e inscripcions: