7
Out

Vixilancia e Intelixencia no sector da automoción

On line

Engadir ao calendario

Título: Xornada on-line Vixilancia e Intelixencia no sector da automoción
Data: 7 de outubro de 2021
Duración: 2 horas
Horario: 9:15 h – 11:30 h
Modalidade: en liña
Prazo de inscrición: 4 outubro de 2021

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas.

A terceira actividade consistirá nunha xornada en liña sobre Vixilancia e Intelixencia nun sector, clave en Galicia, como é a automoción

Abordaranse temas como:

  • Vixilancia e intelixencia sectorial
    • A Vixilancia e Intelixencia sectorial. Definición, descrición e beneficios
    • Deseño e posta en marcha dun sistema de Vixilancia e Intelixencia Sectorial
    • Caso práctico: como se realiza a vixilancia e intelixencia sectorial en Tecnalia
  • Recursos destacados de información para o sector, tanto gratuítos como de pago que axuden a monitorar o sector en relación con:
    • O mercado e os seus desafíos
    • Os axentes destacados a nivel rexional, nacional e internacional
    • Tendencias tecnolóxicas (patentes, literatura científica, proxectos de I+D)
    • Oportunidades e financiamento da I+D+i
    • Feiras e eventos destacados

Este taller será impartido por Angélica López Sobrado, xestora de mercado sénior e team leader do equipo Intelixencia de Negocio de TECNALIA R&I.

Máis información e inscricións: