19
Xul

Presentación da convocatoria Conecta Covid

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Presentación da convocatoria Conecta Covid
Data: luns,19 de xullo 2021 Hora: 10:30 -11:30 h Lugar: sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela) e online

Na xornada participarán Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), e Fernando Guldrís, director do IGAPE, xunto con María Luisa Boquete, directora da Área de Programas de Gain e María Hortensia Méndez, técnico de Gain que resolverá todas as dúbidas relativas a este programa de axudas.

Tamén participarán representantes de Dihgigal e DATAlife, os Hubs de Innovación Dixital impulsados pola Xunta de Galicia que actúan como entidades colaboradoras na convocatoria.

Pode consultar o programa e inscribirse nesta ligazón.