1
Xul

1º Foro iberoamericano de clústeres alimentarios

On line

Engadir ao calendario

Reunións bilaterais en liña no marco do 1º foro iberoamericano de clústeres alimentarios. Novos horizontes para o sector alimentario: cooperación para a innovación e a comercialización

Data: 1 de xullo de 2021.

A Axencia Galega de Innovación (Gain), como membro da Enterprise Europe Network (consorcio Galactea-Plus), e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración co Clúster Agroalimentario de Nuevo León (Agroalim, México), o FoodTech Hub (Brasil), a Asociación para la Industria Alimentaria de Castilla y León (Vitartis, España) e o Clúster Agroindustrial de Centro (InovCluster, Portugal), organizan as reunións bilaterais no marco do 1º Foro Iberoamericano de Clústeres Alimentarios.

O evento, que se desenvolverá íntegramente en liña, fomentará a colaboración entre empresas e organizacións do sector alimentario iberoamericano, poñendo o foco na investigación, innovación, comercialización, importación e exportación.

O 1 de xullo os participantes no Foro Iberoamericano de Clústeres Agroalimentarios terán a oportunidade de establecer reunións bilaterais de 20 minutos, previamente axendadas a través da plataforma B2match, con outros representantes de empresas agroalimentarias, organizacións de investigación e tecnoloxía, clústeres e outras organizacións intermediarias. Nelas poderán explorar oportunidades de I+D+i e/ou colaboracións de mercado.

As persoas interesadas en colaborar con outras organizacións do espazo iberoamericano, principalmente de Brasil, México, Portugal e España, poden inscribirse a este evento a través do enlace que aparece a continuación.