17
Xuñ

Presentación dos programas MSCA doctoral networks e Postdoctoral fellowships

On line

Engadir ao calendario

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network en colaboración coa Fundación para el Conocimiento Madri+d, organiza o próximo 17 de xuño unha xornada informativa en liña: Presentación dos programas MSCA doctoral networks e Postdoctoral fellowships.

As Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) fomentan a mobilidade internacional e intersectorial en universidades, centros de investigación, infraestructuras de investigación, empresas, PEMEs e outros grupos socioeconómicos.

Durante esta xornada, Jesús Rojo, Punto de Contacto Nacional (NCP) para as MSCA presentará as dúas próximas convocatorias: Doctoral Networks (DN) e Postdoctoral Fellowships (PF) que abrirán próximamente:

  • O obxectivo das DN é implementar programas de doutorado mediante asociacións de organizacións de diferentes sectores en toda Europa e máis aló para formar candidatos de doutorado altamente cualificados, estimular a súa creatividade, mellorar as súas capacidades de innovación e impulsar as súas posibilidades de emprego a longo prazo.
  • O obxectivo das PF é apoiar a carreira dos investigadores e fomentar a excelencia na investigación. As PF están dirixidas a investigadores cun doutorado que desexen desenvolver a súa actividade investigadora no estranxeiro, adquirir novas competencias e desenvolver a súa carreira. As FP axudan aos investigadores a adquirir experiencia noutros países, disciplinas e sectores non académicos.

Programa e rexistro: https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=e1819ea71a1a5dd16b21cb44fbed9e26b

Rexistro aberto ata o 16 de xuño.