1
Xuñ

Obradoiro de Realidade Aumentada con Unity e Vuforia

On line

Engadir ao calendario

Título: Obradoiro de Realidade Aumentada con Unity e Vuforia
Data: 1 e 2 de xuño
Duración: 6 horas (2 días – 3 horas/día)
Horario: 10h – 13h
Modalidade: en liña
Nº prazas: 15
Prazo de inscrición: ata o 26 de maio

Requisitos Previos: necesario estar familiarizado con Unity. Imprescindible contar cunha cámara web para probar a realidade aumentada sen necesidade de xerar a aplicación Android de cada vez.

A Realidade Aumentada está a gañar posicións dentro da industria como unha ferramenta fundamental para levar a cabo labores de formación e mantemento de equipos. Existen diferentes posibilidades de implantación, pero Vuforia posiciónase como o referente dentro das librerías de realidade aumentada e neste obradoiro aprenderemos a utilizala e a crear con ela as nosas propias aplicacións.