27
Mai

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Advanced Grants 2021

On line

Engadir ao calendario

Título: Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Advanced Grants 2021
Data: 27 de maio de 2021
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
Prazo de inscrición: ata o 24 de maio ás 13:00 h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 27 de maio celebrarase un taller online de preparación de propostas centrado na convocatoria Advanced Grants 2021. No taller participarán Laura Mohedano, National Contact Point ERC da Oficina de Proyectos Europeos do Instituto de Salud Carlos III; José Luis Mascareñas, Director Científico do CIQUS e beneficiario dunha Advanced Grant en 2013; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Para calquera dúbida podes contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal