11
Mai

Tech-Brokerage Norte de Portugal-Galicia

Engadir ao calendario

Data: 11/05/2021
Organiza: ANI – Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Online

No marco da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, a Axencia Nacional de Innovación de Portugal (ANI) está a organizar un evento de brokerage tecnolóxico co obxectivo de promover o encontro entre a oferta e demanda de capacidades e ideas para impulsar novos proxectos de I+D+i en colaboracion, nas áreas de especialización das rexións de Galicia e de Norte.

Este evento será o primeiro brokerage tecnolóxico orientado a Horizonte Europa no conxunto das dúas rexións.

O evento está organizado co apoio da EEN – Enterprise Europe Network, e en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, a CCDR-N (Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte), o CDTI (Centro para el Desarollo Tecnolóxico Industrial) e a AICIB (Axencia de Investigación Clínica e Innovación Biomédica).

Realizaranse catro sesións temáticas paralelas, dinamizadas polos Puntos Nacionais de Contacto dos ámbitos de Horizonte Europa, para a presentación e discusión de oportunidades de financiamento e desenvolvemento de consorcios.

Máis información e inscricións: