6
Mai

Pílula “Como crear unha unidade de Vixilancia Tecnolóxica e non perderse no intento”

On Line

Engadir ao calendario

Data: 06/05/2021
Horario: de 09:15 a 11:30
Organiza: CIS Tecnoloxía e Deseño – Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Coñeces o que é a Vixilancia Tecnolóxica? Sabes para que serve? Estás motivado para chegar até o final? Estás disposto a darlle os recursos que necesita? E a promocionala e dala a coñecer?

Esta pílula será a primeira de cinco accións adicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no 2021 no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación de Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.

Durante esta xornada a experta LARA REY, Market Intelligence Analyst en el Grupo FerroGlobe, abordará, entre outras cuestións, como crear unha unidade, departamento ou servizo de Vixilancia Tecnolóxica analizando os principais retos e aportando solucións para levar a cabo esta tarefa con éxito.

Programa

9:15 – 9:30h. Presentación

María José Mariño Fontenla
Directora de Área de Centros de GAIN

9:30 – 11:00h. como crear unha unidade, departamento ou servizo de Vixilancia Tecnolóxica

De que falaremos:

  • Tipo de vixilancia: É o mesmo vixiar a cociña que vixiar a túa contorna empresarial?
  • Fontes de información que podo e debo ter en conta.
  • Organización dos armarios e caixóns de información: Por onde empezamos?
  • Analicemos que información temos e que queremos facer con ela.
  • Sabemos como preparar esa información para que teña valor?
  • Rumbos na análise. Perdas de “visión global” ou “visión cubista” Vemos todo o alcance?
  • Información interna. O muro da Intelixencia Competitiva. Non che dou isto porque é meu.
  • Darlle valor engadido. Mellorando o cociñado. como transformar a información para incrementar a súa utilidade e valor.
  • Feedback. Recompilando a opinión dos comensais. Gústalles? Hai críticas? Opinións?
  • Mellora continua….sempre! Pechar o ciclo e a mellorar a receita!

11:00 – 11:30h. Reflexións e discusión

Máis información e inscricións: