25
Mar

Sciencepreneurs Initiative. Proxecto NANOEATERS

On line

Engadir ao calendario

O próximo 25 de marzo celebraráse un evento de aceleración on-line no marco do proxecto NANOeaters que coordina GAIN. No evento analizaránse distintas ferramentas que poden axudar aos emprendedores a dar o salto do laboratorio ao mercado.

O evento contará con tradución simultánea de EN/PT/ES.

O proxecto NANOeaters, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 cun orzamento de máis de 4 millóns de euros, está liderado pola Xunta de Galicia e conta coa participación do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología (INL), as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, os centros tecnolóxicos Gradiant, CTAG e AIMEN; e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

NANOeaters nace co obxectivo de apoiar ás empresas da Eurorrexión na aplicación de solucións nanotecnóloxicas que ofrezan respostas efectivas ás debilidades detectadas na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Programa e rexistro