11
Mar

InfoDay RIS3T European Institute of Innovation and Technology (EIT)

On line

Engadir ao calendario

Título: InfoDay RIS3T European Institute of Innovation & Technology (EIT)
Data: 11 de marzo
Hora: 11:00 (Hora española)

Despois dos talleres realizados en decembro e xaneiro, e da formación da semana pasada sobre o instrumento Interregional Innovation Investment, este xoves, 11 de marzo, terá lugar a seguinte actividade deste plan, centrada no European Institute of Innovation & Technology (EIT).

O evento está organizado pola Agência Nacional de Inovação (ANI), e ten como obxectivo presentar o EIT, unha iniciativa única da UE que promove a innovación en toda Europa, integrando as empresas, a educación e a investigación, co fin de encontrar solucións para os desafíos globais máis relevantes.

A xornada realizarase en inglés e en portugués, e celebrarase o xoves, 11 de marzo, en horario de 11h00 a 13h00h (ES) – 10h00 a 12h00 (PT).

Pódese consultar toda a información e realizar a inscrición a través do seguinte formulario de rexistro.