4
Mar

Interregional Innovation Investment (I3)

On line

Engadir ao calendario

Título: Interregional Innovation Investment (I3)
Día: 4 de marzo
Hora: 11:30 (10:30 hora portuguesa)
Modalidade Online

Despois dos talleres sobre o Programa Digital Europe e o Pacto Verde, así como das formacións sobre financiamento en cascada e Horizonte Europa, a próxima semana terá lugar a seguinte actividade do plan de formación enmarcado no Proxecto Impact RIS3T, centrada no instrumento Interregional Innovation Investment (I3).

O evento está organizado pola Agência Nacional de Inovação (ANI), e ten como obxectivo explicar este novo instrumento destinado a reforzar a innovación nas rexións de Europa, que pretende axudar aos actores involucrados nas estratexias de especialización intelixente (S3) a agruparse e ampliar a innovación no mercado europeo.

O evento desenvoverase en inglés.

Para consultar o programa e inscribirse pode empregar esta ligazón.