26
Feb

Entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño

On line

Engadir ao calendario

Título: Entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño
Data: 26/02/2021
Hora: 12.30 h.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebra o vindeiro venres 26 de febreiro a cerimonia de entrega da primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.

Durante o acto, que poderá seguirse en streaming, daranse a coñecer os ganadores e ganadoras destes galardóns, que son un recoñecemento ás persoas e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

Cerca dun cento de candidaturas foron valoradas por un xurado experto, que seleccionou aos finalistas para as categorías das que consta o certame:

Innovación:

  • Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos: Situm Technologies, Marine Instruments e Magallanes Renovables.
  • Grande empresa: grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década: Egatel, Televés e Cupa Innovación.
  • Traxectoria innovadora : empresarios/as e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.

Deseño:

  • Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector: equipos creativos dos estudios Cenlitrosmetrocadrado, Fruto DS e Costa Comunicación Visual.
  • Deseñadores/as mozos/as: creadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos: Sofía Blanco, Beatriz Lema e Eva Yarza.
  • Empresas: empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década: Televés, D-due e Bico de Xeado.

Descubre aos ganadores/as en cada categoría asistindo á cerimonia de entrega en streaming nesta ligazón.