29
Xan

Demo day dos proxectos da segunda edición da Business Factory Food

On line

Engadir ao calendario

Titulo: “Demo day” dos proxectos da 2ª edición da Business Factory Food
Data: 29/01/2021
Hora: de 09:30 h a 12:30h

Business Factory Food (BFFood) é a aceleradora do sector alimentario de Galicia. A súa misión é acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

Trátase dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XESGALICIA) e da Axencia Galega de Innovación (GAIN). A aceleradora conta coa dinamización, xestión e coordinación do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) e co apoio de grandes empresas tractoras do sector, como Adegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA FOOD), Clavo Food Factory, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), Congalsa, Dairylac, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Grupo Nova Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira.