20
Xan

Oportunius: taller online de preparación de propostas 2021 do European Research Council (ERC)

On line

Engadir ao calendario

Título: Oportunius: taller online de preparación de propostas para as convocatorias Starting Grant e Consolidator Grant 2021 do European Research Council (ERC)
Modalidade: Formación on line
Data: 20 de xaneiro de 2021
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
Prazo de inscrición: ata o 18 de xaneiro ás 13 h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 20 de xaneiro celebrarase unha nova edición deste taller enfocado ás convocatorias Starting Grant e Consolidator Grant 2021 do ERC, baixo a modalidade de formación online debido á situación actual provocada polo Covid-19.

Para calquera dúbida podes contactar nos teléfonos 981 957 012/ 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal