12
Xan

Evento final do programa Connect-19

Online e Tecnópole

Engadir ao calendario

Título: Evento final do programa Connect-19
Data: 12 de xaneiro de 2021
Hora: 10:00 h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración con Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) o pasado mes de xuño puxo en marcha o Programa de Aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a loita contra o impacto da COVID-19: Programa Connect-19 para impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola enfermidade COVID-19.

O obxectivo do evento é presentar os resultados acadados polas entidades participantes ao longo do programa de aceleración, así como coñecer de primeira man as súas experiencias e os seus productos lanzados ao mercado.