26
Nov

Workshop online “Materiais Hixiénico Sanitarios”

On line

Engadir ao calendario

Título: Workshop online “Materiais Hixiénico Sanitarios”
Data: 26/11/2020
Hora: 10.30 – 13.00 h.

A crise sanitaria na que nos atopamos, promoveu o interese polos materiais destinados á elaboración de diferentes equipamentos de protección biolóxica. Este tipo de materiais, de calidades tan específicas, son de interese para a higienización de espazos nos que, por razón de uso ou de tránsito de persoas, prodúcese algún tipo de transmisión microbiana ou vírica.

Neste workshop os expertos de Materially darán a coñecer os últimos materiais identificados pola súa utilidade para elaborar diversos produtos destinados á higienización de espazos e á protección sanitaria. Esta presentación de materiais irá acompañada de referencias ás empresas produtoras dos mesmos. Tamén se mostrarán exemplos de aplicacións para a protección sanitaria de espazos de traballo e convivencia.

Este evento é de especial interese para deseñadores/as, empresarios e profesionais interesados en coñecer as últimas novidades en materiais para a contención de contaminantes biolóxicos.