11
Nov

Introducción á Vixilancia Tecnolóxica no sector industrial

On line

Engadir ao calendario

Título: Curso online Introducción á Vixilancia Tecnolóxica no sector industrial
Data: 11/11/2020 e 18/11/2020
Hora: 10.20 – 13.00 h

Este curso ten por obxectivo dar a coñecer a Vixilancia Tecnolóxica e a Intelixencia Competitiva: a súa aportación, relación coa estratexia, a innovación, a tecnoloxía e o mercado e outras disciplinas, procesos, metodoloxías e ferramentas relacionadas. Pretende ademáis indicar boas prácticas tanto para o desenvolvemento de exercicios de VT e IC, como para o deseño e posta en marcha dunha unidade de VT/IC nunha empresa. Trátase dun obradoiro de traballo, que busca a aplicación inmediata do aprendido na contorna profesional do participante. De aí que ao longo da acción formativa levaránse a cabo dinámicas, exercicios e simulacións.

Será a terceira e última das accións dedicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organiza no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación de Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.

Durante este curso contaremos coa experiencia de Rita Pastor del Castillo. Actualmente e dende 2016 é CEO Fundador de Intelligence Experts, empresa especializada en Vixilancia Tecnolóxica, Intelixencia Competitiva e Análise de Patentes que acompaña ás empresas tecnolóxicas a través de consultoría, formación, desenvolvemento de productos e servizos a medida. Conta con máis de 16 anos de experiencia en Vixilancia Tecnolóxica/ Intelixencia Competitiva, sete dos cales foron na Fundación InnDEA de Valencia.