4
Nov

Como aproveitar as fontes de datos abertas e as ferramentas open source para vixilancia tecnolóxica

On line

Engadir ao calendario

Título: Xornada online Cómo aproveitar as fontes de datos abertas e as ferramentas open source para Vixilancia Tecnolóxica.
Data: 04/11/2020
Hora: 10.15 – 12.30h

Coñecer fontes primarias de calidade e saber explotalas con ferramentas gratuítas, abertas e reproducibles permítenos aumentar a eficiencia nos procesos de asimilación de información. Con esta xornada online organizada polo CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preténdese discutir e revisar algunha destas cuestións.

Será a segunda de tres accións dedicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación de Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.

Durante esta xornada o experto Enric Escorsa O´Callaghan, CEO de IALE Tecnología, abordará, entre outras cuestións, como é posible xestionar a actividade de Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva mediante a explotación de fontes abertas; así como o que significa a Ciencia Aberta e o uso de open source. Por último, durante a xornada trataráse o concepto de reproducibilidade das investigación e a integración de ferramentas.