20
Out

Webinar sobre a nova convocatoria “3ª edición da business factory food”

On line

Engadir ao calendario

Título: Webinar sobre a nova convocatoria “3ª edición da business factory food”, na que participa a Axencia Galega de Innovación.

Business Factory Food (BFFood) é a aceleradora do sector alimentario de Galicia. A súa misión é acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector alimentario galego e atraer talento nacional e internacional.

Trátase dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XESGALICIA) e da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

A aceleradora conta coa dinamización, xestión e coordinación do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) e co apoio de grandes empresas tractoras do sector, como Adegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA FOOD), Clavo Food Factory, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), Congalsa, Dairylac, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Grupo Nova Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira