5
Nov

Actividades formativas Programa Connect-19

Tecnópole

Engadir ao calendario

O Programa Connect-19 ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola enfermidade COVID-19.

Con carácter aberto (non restrinxido unicamente ás empresas beneficiarias) organizaranse dúas xornadas formativas en formato virtual cun carácter eminentemente práctico e temáticas relacionadas con competencias comerciais de produtos e servizos innovadores.

BLOQUE 1 – Comercialización de produtos e servizos innovadores

  • Experiencia – VENRES 2/10 de 10:00h a 11:30h
    • Roberto Pérez e Juan José Romero de Suma Importancia compartirán a súa experiencia á hora de lanzar innovacións ao mercado resumindo os puntos esenciais que máis valor poidan achegar ás empresas beneficiarias de Connect-19
  • Sesión 1 – LUNS 5/10 de 9:30h a 13:30h
  • Sesión 2 – XOVES 8/10 de 9:30h a 13:30h
    • César González dotará ás empresas beneficiarias de Connect-19 dos coñecementos e ferramentas necesarias para implementar estratexias de venda ad hoc ao plan de negocio de cada empresa e tenndo en cuenta a realidade post Covid.
    • Ao final da formación cada empresa será capaz de implementar melloras totalmente accionables que lles fagan aumentar as súas vendas, ou conseguir os primeiros clientes no caso de que aínda non comercializasen os seus produtos/servizos.

BLOQUE 2 – Marketing e posicionamento de empresas ou produtos disruptivos

  • Experiencia – VENRES 30/10 de 10:00h a 11:30h
    • Marta Frenna de Grey Glasses compartirá a súa experiencia persoal como emprendedora: como usou Canvas para fundamentar o seu modelo de negocio, canles de distribución que foi activando, primeiro modelo de monetización e como conseguiu que os meses de confinamento impulsasen a súa vantaxe competitiva.
  • Sesión 1 – LUNS 2/11 de 9:30h a 13:30h
  • Sesión 2 – XOVES 5/11 de 9:30h a 13:30h
    • Roberto Fraga de Pilgrim Travel ofrecerá ás empresas beneficiases de Connect-19 os coñecementos básicos necesarios para o deseño dunha estratexia dixital orientada á comercialización de produtos e/ou servizos contra o Covid-19

Formulario de inscrición: https://www.tecnopole.es/es/connect-19-actividades-formativas