Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
21 de Decembro
Título: Workshop online “Materiais para a impresión 3D”. Ciclo “Materiais para o futuro”
Data: 08/10/2020
Hora: 10.30 – 12.30 h.
A Materioteca de Galicia pon en marcha un ciclo de tres workshops online destinados a explorar as oportunidades de futuro que ofrecen os novos materiais para a innovación empresarial mediante o deseño.
O ciclo “Materiais para o futuro” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia comeza o 8 de outubro coa presentación de novos materiais desenvolvidos en Galicia especificamente para a impresión 3D.
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), complementa así o ciclo de encontros en formato virtual “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, iniciado a finais de xuño e no que ofrecen a súa visión de futuro profesionais galegos do deseño de referenciaa nivel internacional.
Este workshop permitirá coñecer as características e aplicacións de varios materiais innovadores deseñados especialmente para a impresión 3D, unha tecnoloxía que se converteu nunha ferramenta moi útil para incorporar valor engadido aos produtos achegando grandes melloras e posibilidades no relativo aos procesos de fabricación en sectores diversos.
Os catro grupos de investigación galegos que presentarán materiais innovadores neste campo serán o LabPlast e o Laboratorio de Aplicacións Industriais Láser da UDC, o Instituto de Cerámica da USC e o Grupo FA3 Novos Materiais da UVigo.
Para completar esta visión dende unha óptica máis ampla, a empresa Materially expoñerá unha selección a nivel internacional de materiais innovadores para a impresión 3D, acompañada de exemplos de aplicacións e vídeos de demostración.
Durante a xornada presentarase tamén a nova base de datos da Materioteca de Galicia, na que se poderán consultar en detalle as características e aplicacións dunha mostra en continuo crecemento de materiais innovadores con selo galego.
O ciclo “Materiais para o futuro” completarase con outros dos workshops:
A inscrición pode formalizarse só para o workshop do 8 de outubro ou para o ciclo completo: