Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
21 de Decembro
Data: 15 de xullo de 2020
Hora: de 10h a 13:30
Prazo de inscrición: ata o venres 10 de xullo ás 13 horas.
A Axencia Galega de Innovación e o consorcio do proxecto MANUFACTUR 4.0 organizan a xornada de Aplicacións Talento 4.0 que se celebrará no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol o día 15 de xullo de 2020.
Esta xornada tratará sobre a Tecnoloxía de Control Dimensional sen Contacto.
Obxectivos:
O proxecto MANUFACTUR 4.0, liderado pola Axencia Galega de Innovación – GAIN e encadrado no PROGRAMA EP-INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP), ten como obxectivo a transferencia de maneira efectiva á industria do sector naval-metalmecánico de novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo.
Para calquera dúbida podedes contactar no teléfono 981 337 181 ou no enderezo de correo electrónico centros.gain@xunta.gal
Nota: no caso de non poder asistir presencialmente proporcionaráse un acceso online a algunha das ponencias. Deberáse indicar esta opción no apartado observacións do formulario de inscrición.