Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
21 de Decembro
Título: WEBINAR Lanzamento Programa CONNECT-19
Data: 26 de xuño de 2020
Hora: 10:00h
Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración con Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) lanzan o Programa de Aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a loita contra o impacto da COVID-19: Programa Connect-19.
O Programa Connect-19 ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola enfermidade COVID-19.
Resolveremos todas as túas dúbidas sobre a convocatoria e participación no programa e contaremos coa presencia de varias empresas que compartirán connosco a súa experiencia en relación coa metodoloxía utilizada e a súa adaptación na empresa a nova realidade fronte a Covid-19.
Programa
Formulario de inscrición: https://www.tecnopole.es/es/evento-presentacion-connect19
Máis información: http://connect19.gal