19
Xuñ

WEBINAR #HACKatHOME: CONSTRÚE, DESEÑA, INNOVA. Descubre como será o funcionamento do HACKATHON

On line

Engadir ao calendario

Título: WEBINAR #HACKatHOME: CONSTRÚE, DESEÑA, INNOVA. Descubre como será o funcionamento do HACKATHON
Data: 19 de xuño de 2020
Hora: 13:00h

#HACKatHOME é unha iniciativa liderada desde a Xunta de Galicia na que propoñemos unir, de forma remota, a persoas de diferentes ámbitos relacionados coa tecnoloxía para desenvolver ideas innovadoras e así axudar á industria, ao comercio e ao emprego para construír unha nova realidade.

Coñece o como, o cando e onde do primeiro hackathon virtual de Galicia. Máis dun Hackathon, un HACKatHOME.
Resolveremos todas as túas dúbidas sobre a participación nesta iniciativa e contaremos coa participación de varias empresas e institucións que compartirán connosco a súa visión sobre os novos retos aos que se enfronta a Industria, o comercio e o emprego na “nova normalidade”.

Programa

  • 13:00 Benvida e presentación. Axencia Galega de Innovación (GAIN)
  • 13:10 #HACKatHome: como, cando e onde participar. Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant)
  • 13:20 ¡Debatimos!: Retos e necesidades da industria, o comercio e o emprego da “nova normalidade”. Contaremos co testemuño de empresas que aportarán a súa visión sobre a situación actual e a necesidade de buscar solucións innovadoras.
  • 13:40 Fin da sesión.