Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
21 de Decembro
Título: #HACKatHOME
Data: do 27 ao 30 de xuño
Involucramos a empresas tecnolóxicas, universidades e a persoas innovadoras nun hackathon para atopar solucións a problemas derivados da crise do covid19.
Desde a Xunta de Galicia propoñemos unir, de forma remota, a persoas de diferentes ámbitos relacionados coa tecnoloxía para desenvolver ideas innovadoras e así axudar á industria, ao comercio e ao emprego para construír unha nova realidade.
Por este motivo, nace en Galicia o primeiro hackathon virtual que involucra a programadores, investigadores, deseñadores, estudantes… En definitiva, a calquera persoa que crea que traballando en grupo e colaborando podemos chegar a pensar e empezar a construír solucións tanto físicas como dixitais para afrontar os cambios que nos esperan.
CINCO RETOS
Os proxectos que se expoñan deben dar unha resposta innovadora e tecnolóxica aos cinco retos principais propostos polas empresas e organismos colaboradores no hackathon.
DO 27 AO 30 DE XUÑO
Catro días de traballo intenso en remoto xunto con actividades paralelas online e un pitching final de proxectos. Todo iso acompañado de charlas inspiradoras e outras actividades virtuais de dinamización e desenvolvemento áxil dos proxectos.
Máis información e inscricións: https://gl.hackathome.gal