5
Xuñ

Presentación dos Instrumentos de apoio á Innovación da Axencia Galega de Innovación, Xesgalicia e CDTI

En liña (webinar)

Engadir ao calendario

Título: Presentación dos Instrumentos de apoio á Innovación da Axencia Galega de Innovación, Xesgalicia e CDTI
Día: venres 5 de xuño de 2020
Hora: 11:00h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), Xesgalicia e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) celebran o vindeiro venres 5 de xuño un seminario online para presentar as principais axudas e novidades nos instrumentos de apoio de ambas entidades.

A xornada, que arrincará ás 11 horas, incluirá a presentación das principais axudas que teñen vixentes actualmente Gain e Xesgalicia, as novidades nas liñas de financiamento de CDTI, así como a presentación do programa NEOTEC de CDTI, que ten como obxectivo o apoio á creación e consolidación de novas empresas de base tecnolóxica en España e ten aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 30 de xuño, e do EIC Accelerator Pilot. Este último instrumento do Consello Europeo de Innovación está dirixido a financiar e apoiar proxectos de innovación con potencial de creación de mercado de novas empresas e pemes.

​Os asistentes poderán formular preguntas aos poñentes.