Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
17 de Marzo
Título: InnovaPeme – O punto de encontro das pemes innovadoras
Lugar: Parador de Vilalba (Rúa Valeriano Valdesuso, s/n, 27800 Vilalba, Lugo)
Data: 17 de marzo de 2020
Hora: de 11:00h a 13:30h
O mundo é unha contorna en constante cambio, cambios sociais, tecnolóxicos, culturais, etc. aos que ningunha empresa pode permanecer allea para continuar sendo competitiva.
É evidente que se o sector no que traballamos cambia e evoluciona, as nosas empresas deben de adaptarse a iso. Os nosos competidores innovan e ofrecen novos produtos ou servizos, os nosos clientes demándannos esas novidades e os nosos provedores ofrécennos eses novos produtos ou tecnoloxías para poder xerar novo valor no noso negocio. A innovación destaca así como unha capacidade determinante para a competitividade das empresas, na medida en que se converteu no seu motor máis importante de transformación e crecemento e con iso, nunha panca de desenvolvemento económico e social da nosa rexión.
O obxectivo de calquera empresa debe ser o integrar a innovación na organización e que non sexa un proceso illado ou un feito excepcional e contemplando o proceso de innovación desde tres aspectos: innovación nos produtos ou servizos que ofrecemos, no proceso produtivo ou na nosa organización.
Por iso, dende a Axencia Galega de Innovación convocamos a terceira edición do Programa InnovaPeme 2020, as nosas axudas destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes (axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020).
Obxectivos da xornada
Programa
Programa do evento dispoñible nesta ligazón.
Formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.