Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
17 de Marzo
Título: Xornada de portas abertas “Open Day” en Rozas (en colaboración con FECYT, INTA, Babcock, Boeing e Indra)
Data: 9 de marzo 2020
Lugar: Aeródromo de Rozas
Xornada de portas abertas para a presentación das actividades 2020 do programa de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas da Civil UAVs Initiative Voando alto, sumando vocacións, organizada en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) / Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) e as empresas tractoras Babcock, Boeing e Indra.
Os estudantes que asistan á xornada participarán en directo no Science Truck, un programa educativo temático de divulgación científica que se emite en streaming nas canles de Facebook e YouTube de FECYT e que nesta ocasión se centrará nos vehículos non tripulados; realizarán unha visita guiada ao CIAR e terán a oportunidade de coñecer de primeira man os proxectos que están a desenvolver Babcock e Indra no Polo Aeroespacial de Galicia a través de explicacións e demostracións.