Presentación da convocatoria Ciencia - Empresa 2026
25 de Marzo
Titulo: Galicia BioDay “O mellor camiño en Biotecnoloxía”
Lugar: AC Palacio del Carmen, Santiago de Compostela
Data: 11 de decembro de 2019
*Hora:* de 11:00h a 14:30h
A través desta xornada, queremos facer balance e visibilizar o avance sectorial logrado a través da execución da “Estratexia de Impulso a Biotecnoloxía de Galicia”, repasando, da man dos seus protagonistas os principais instrumentos postos en marcha e fitos alcanzados, grazas aos cales, Galicia é xa un actor xerador de valor recoñecido a nivel nacional e internacional en biotecnoloxía.
Bioga, a Agrupación industrial tecnolóxica-empresarial das ciencias da vida de Galicia, foi sen dúbida un elemento dinamizador fundamental para o sector e, na xornada, serán tamén protagonistas coa entrega dos premios Bioga.
Programa
Bloque 1. Balance de execución da “Estratexia de impulso á Biotecnoloxía 2016-2020”
Descubre casos de éxito de cada un dos eixos estratexicos
Bloque 2. Premios Bioga 2019
Programa da xornada dispoñible nesta ligazón (pdf).
Formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.