28
Nov

Xornada “Os deseñadores como factor de éxito”

CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol

Engadir ao calendario

Titulo: Xornada “Os deseñadores como factor de éxito”
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol
Fecha: 28/11/2019
Hora: 9:30 h – 14:30 h

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), celebra o vindeiro 28 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) a xornada: “Os deseñadores como factor de éxito”

No marco do proxecto Interreg Europe Design4Innovation, no que participa a GAIN e que está destinado a promover políticas públicas para potenciar uso do deseño como condutor da innovación, organízase a presente xornada coa finalidade de destacar o alto impacto que ten a adecuada selección dos servizos de deseño cando se trata de alcanzar o éxito no mercado.

Nesta xornada poderase coñecer a perspectiva e metodoloxía dos deseñadores e creativos que estiveron vinculados a algúns dos proxectos mencionados no libro publicado pola GAIN: “O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia”. Ademais, e pola súa crecente importancia como resposta ás esixencias do mercado no ámbito do emprego de materiais, cores e acabados para o deseño, presentaranse algunhas experiencias no ámbito da nova disciplina de deseño denominada CMF Design.