14
Nov

Workshop “Novos materiais para packaging sustentable”

CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol

Engadir ao calendario

Título: Workshop “Novos materiais para packaging sustentable”
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño, Ferrol
Data: 14/11/2019
Hora: 9:45 h -18.30 h

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 14 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) o workshop “Novos materiais para packaging sustentable”.

Os destinatarios do encontro son profesionais do deseño, persoal investigador do campo dos novos materiais, estudantes de deseño e empresas.

A xornada comezará coa presentación dos servizos que se prestan a través da Materioteca de Galicia, que acolle o workshop nas súas instalacións e que cumpre cinco meses a disposición de empresas e profesionais do deseño.

Posteriormente, serán expostos os novos retos e tendencias de innovación no envasado de alimentos, ámbito sobre o que tamén se presentarán as últimas solucións sustentables. Os retos do sector do comercio, a normativa internacional sobre sustentabilidade no envasado e as posibilidades que ofrecen os novos materiais creados en Galicia para o packaging completan a sesión expositiva.

A segunda parte do workshop centrarase nun taller práctico limitado á participación de 50 persoas, no que se presentarán materiais innovadores para packaging sustentable e se traballará en grupo para xerar novas ideas e resolver retos. Será impartido por Material ConneXion Bilbao, o maior centro internacional especializado en materiais innovadores e procesos de transformación, socio da Materioteca de Galicia.

En paralelo ao taller, os asistentes poderán participar previa solicitude en reunións bilaterais co fin de facilitar a transferencia e buscar posibles sinerxías ou colaboracións entre empresas, empresas e profesionais do deseño ou empresas e grupos de investigación.

O encontro forma parte do conxunto de accións contempladas no Programa de Deseño para a Innovación 2020.