6
Nov

Innovation and Manufacturing Brokerage Event (IMB 2019)

Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

Engadir ao calendario

Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Santiago de Compostela
Data: 6 e 7 de novembro de 2019
Hora: de 9:00 a 18:00 horas

Os días 6 e 7 de novembro, a Axencia Galega de Innovación organiza en Santiago de Compostela o Innovation and Manufacturing Brokerage Event (IMB 2019), un evento clave para a innovación e proxectos de vangarda en fabricación avanzada no que se presentarán convocatorias de axuda por un importe superior a 200 millóns de euros.

Representantes da Comisión Europea presentarán a súa visión sobre o futuro e as súas propostas actuais para fomentar a innovación na industria, especialmente a través do Programa Horizon 2020. Xunto a eles, daranse cita representantes clave da industria, centros de coñecemento, investigadores e outros axentes, constituíndo unha plataforma única para o intercambio de coñecemento e o impulso de novos proxectos a escala europea.

Máis información e inscricións: http://im-brokerage19.eu