15
Out

Presentación da 1ª convocatoria de Bioincubatech

Quercus IP Business Center

Engadir ao calendario

Lugar: Sala de Exposicións – Quercus IP Business Center – Santiago de Compostela
Data: 15 de outubro de 2019
Hora: de 9:30h a 11:45h

O obxectivo do evento é presentar a 1ª Convocatoria de BIOINCUBATECH (Incubadora de Alta Tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes), proxecto que conxuga dotación de infraestruturas e programas de incubación e aceleración, para conseguir atraer iniciativas de negocio e resultados de investigación de todo o mundo a Galicia.

BioIncubaTech é un proxecto liderado pola Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Uninova (Iniciativas Empresariais Innovadoras), financiado pola Fundación INCYDE, dentro do Programa Operativo FEDER de Crecemento Intelixente, e pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Para calquera dúbida podes contactar no teléfono +34 881 815 563 ou no enderezo electrónico avte@usc.es