11
Out

Taller Difusión Préstamos IFI INNOVA

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo, Santiago de Compostela.
Data: 11 de outubro de 2019
Hora: de 11h a 12:45h

O obxectivo deste taller é dar a coñecer os requisitos e características destes préstamos —financiados con recursos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e creados co obxectivo de intensificar o apoio ás pequenas e medianas empresas galegas no financiamento dos investimentos en proxectos de desenvolvemento e innovación- así como resolver as dúbidas e establecer un espazo de networking.

Para calquera dúbida podes contactar no teléfono 881 999 471 ou no enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal