30
Set

Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás axudas do European Research Council (ERC)

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo
Data: 30 de setembro de 2019
Hora: de 10:15h a 17h

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademáis, organiza periódicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 30 de setembro celebraráse en Santiago de Compostela, na sede de GAIN, unha nova edición deste taller enfocado ás convocatorias 2020 do ERC, nomeadamente Consolidator Grant e Advanced Grant. No taller participará a Punto Nacional de Contacto para ERC, Laura Mohedano, do Instituto de Salud Carlos III.

Para calquera dúbida podes contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal