13
Set

Axudas para o fomento da participación galega no Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo
Data: 13 de setembro de 2019
Hora: de 10:30h a 12:30h

Nesta xornada presentarase a nova convocatoria da Axencia Galega de Innovación “Axudas para o fomento da participación galega no Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea”. Esta convocatoria inclúe varias liñas de apoio:

  • Liña 1: Apoio a PEMEs e organismos de investigación e difusión (públicos e privados) na preparación de propostas de calidade ao Programa Marco.
  • Liñas 2.1 e 2.2: Financiamento de PEMEs do desenvolvemento dunha proposta individual presentada á Fase 1 (liña 2.1) ou a Fase 2 (liña 2.2) do Instrumento PEME, con selo de excelencia ou que poderían acadalo atendendo á nota de avaliación obtida.

Estas axudas serán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

OBXECTIVOS DA XORNADA

  • Coñecer os resultados acadados polas entidades galegas no Programa Horizon 2020.
  • Coñecer a experiencia práctica de entidades galegas en diferentes prioridades e tipoloxías de proxecto do Programa Marco
  • Coñecer a convocatoria da Axencia Galega de Innovación para o fomento da participación galega no Programa Marco.

Programa da xornada dispoñible nesta ligazón (pdf).
Formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.

Presentacións empregadas durante a xornada