RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo
Data: 29 de xullo de 2019
Hora: de 9:30 h a 11:30h
Nesta xornada adicada ao “Apoio á participación de empresas galegas no Instrumento Peme (Horizon 2020)” presentarase a convocatoria da Axencia Galega de Innovación para o financiamento do desenvolvemento de propostas presentadas a Fase 1 ou a Fase 2 do Instrumento PEME, sempre que esta obtivese unha nota de avaliación superior aos 13 (Fase 1) ou 12 puntos (Fase 2), ou fose distinguida co selo de excelencia da Comisión Europea ou mecanismo similar. Esta liña estará tamén aberta para ás novas convocatorias do Consello Europeo de Innovación que dean continuidade ao instrumento PEME.
Estas axudas serán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
OBXECTIVOS
Programa da xornada dispoñible nesta ligazón (pdf).
Formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.