Xornada sobre o Observatorio da I+D+i da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
2 de Xuño
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo
Data: 18 de xullo de 2019
Hora: de 10:15h a 17h
A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).
Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.
O 18 de xullo celebrarase en Santiago de Compostela , na sede de GAIN, unha nova edición deste taller enfocado ás convocatorias 2020 do ERC. No taller participará o investigador Rubén Nogueiras Poza, da UNiversidade de Santiago de Compostela, gañador dunha Starting Grant e recentemente, dunha Synergy Grant. Para calquera dúbida podes contactar no teléfono 981 337 115 ou no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal