20
Xuñ

Xornada CDTI sobre a convocatoria Neotec 2019

Edificio Emprendia

Engadir ao calendario

Título: Xornada CDTI sobre a convocatoria Neotec 2019
Lugar: Edificio Emprendia – USC ( Avenida do Mestre Mateo, núm.2, Santiago de Compostela)
Data: 20/06/2019

A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), organizan unha xornada informativa dirixida a emprendedores, startups innovadoras, empresas de base tecnolóxica, axentes do ecosistema emprendedor da Comunidade Autónoma de Galicia, onde o CDTI presentará a nova convocatoria NEOTEC 2019, iniciativa de apoio a emprendedores e pemes innovadoras e se reunirá cos asistentes que o soliciten previamente para revisar propostas en preparación.

Para asistir á xornada e solicitar unha reunión co CDTI (duración aproximada 10 min.) para revisar propostas en preparación, débese cubrir o formulario de inscrición á xornada e o fomulario de reunión dispoñibles nesta ligazón así como enviar o formulario de solicitude de reunión a servizos.gain@xunta.gal antes do 19 de xuño, de ser o caso.